terça-feira, 5 de fevereiro de 2008

Abrigo

Ás veces, cando o vento que fai tolear o mar aquí ao lado peta nas miñas ventás de madeira vella e pintura branca descascada, cando un fío de ar pasa como un ilusionista polas xuntas mal casadas e un frío húmido e testán fai súa a miña casa, soño con ventás de aluminio e calefacción centralizada; soño con diñeiro, sen querer. Eses días, cando o meu corpo quece despois ao calor dos meus, venme sempre á cabeza un texto de Natalia Ginzburg, demasiado longo para reproducir aquí, e este poemiña de Benedetti, que se titula Abrigo:

Cuando sólo era
un niño estupefacto
viví durante años
allá en colón
en un casi tugurio
de latas
fue una época
más bien
miserable
pero nunca después
me sentí tan a salvo
tan al abrigo
como cuando empezaba
a dormirme
bajo la colcha de retazos
y la lluvia poderosa
cantaba sobre el techo
de zinc.

1 comentário:

pau disse...

preciosos.. os textos. os dous. o de benedetti e o de natália...